|
| |||||||
| + | |
|
+ |
|
|
+ |
|
|
+ |
|
|
+ |
|
|
+ |
|
|
+ |
|
|
+ |
|
|
+ |
|

|
|
|
|
|
![]() |
|
|
CONCELLO DE FERROL Praza de Armas |
|
![]() |
|
A segunda Festa do Cabalo de Mandiá celebrase no Campo
da Festa o día 17 de xullo A parroquia de Mandiá celebra a segunda edición da Festa do Cabalo conta con diferentes probas. A organización decide elixir o Campo da Festa para celebrar o concurso cabalar. Haberá probas de arrastre, trote e andaina con premio para o gañador e para o segundo. As morfolóxicas darán premios ao gañador e premios tamén para as de carillos.
|
|
A área da Zona Rural desenrola unha campaña
intensiva de limpeza e desbroces |
|
Os usuarios de pozos e traidas privadas pagarán un canon.
A UE pide á Xunta que eleve un 20% o custo da auga Polo menos un 23% da poboación, que ata agora non pagaba canon de saneamento, terá que abonalo coa entrada en vigor da Lle¡ de Augas que prepara a Xunta. O novo canon da auga (que substituirá ao de saneamento) será universal, polo que afectará ao 13% dos galegos que, segundo os cálculos da Administración, abastécense grazas a pozos e ao 10% que o fai a través de traídas privadas. A obrigatoriedade de pagar a taxa chegará tamén aos habitantes de núcleos urbanos de menos de 2.000 habitantes. Medio Ambiente, responsable da norma, xustifica que o canon aplíquese a todas as persoas que utilizan o recurso, independentemente da súa forma de captación, e defende que a taxa é finalista, polo que se dedicará a garantir a subministración de auga. Ademais, recalca, inclúese na Directiva Marco da auga da Unión Europea, "de obrigada aplicación". Mentres o titular de Medio Ambiente, Agustín Hernández, incidía onte en que, co novo canon, Galicia será a segunda comunidade coa taxa "máis barata" e un terzo da poboación pagará menos que agora, Bruxelas recomendaba á Xunta incrementar un 20% o prezo da auga. Un informe da Comisión Europea pide unha tarificación máis estrita para recuperar os custos da subministración e saneamento, informa Europa Press. O canon, que é progresivo segundo o consumo, dependerá do número de residentes pero haberá unha redución para familias numerosas e tarifa social. Esta última, cunha bonificación do 80%, será a que se aplique ás traídas privadas, xa que o sistema "está mantido polos veciños", explicou Hernández. Para calcular o consumo precísase da instalación dun contador. O número de vivendas que se abastecen dun pozo e que contan cun contador é practicamente nula, admite a Xunta, polo que optarán por un sistema de estimación que aínda está sen desenvolver. No caso das traídas privadas que facturen o canon de saneamento aos seus asociados, seguirá facéndoo co novo gravame. Pero a realidade "é outra", di a Xunta. Ante a ausencia de contadores individualizados cobrarase á comunidade de usuarios en base a un contador xeral ou ao volume máximo especificado na concesión. Medio Ambiente presentou onte o Plan Auga 2010-2025 co que pretende garantir o abastecemento aos núcleos de máis de 50 habitantes. O investimento será de 823 millóns, dos que case 600 destinaranse a construír máis de 4.000 quilómetros de tubaxes. A Xunta quere reducir á metade as perdas de auga do sistema que, entre fugas e conexións ilegais, leva 55.000 metros cúbicos diarios. |
|
Letras Galegas 2010 O vindeiro sábado 15 de maio a pertires das 19,00 hs no Local Social este ano adicado a Uxío Novoneyra. D Germán Castro Director do "DIario de Ferrol" falaranos das Letras Galegas e a prensa e da vida do autor homenaxeado. Seguira a sesión coa lectura dunspoemas do autor e para rematar a Coral Polifónica do Casino de Franza clausurá os actos do día. |
|
"Asedio á lingua galega" |
|
“Ben
mirado nosoutros non somos máis que palabras” (Martí Pol) |
O Mandlá alcanza o ascenso a Segunda ![]() O Mandiá conseguiu a terceira praza de ascenso á Segunda Autonómica logo de lograr a vitoria ante o Racing San Pedro por 0-2. Desta forma, acompaña aos Amigos -que se proclamou campión da categoría logo de imporse ao Moeche por un claro 3-0- e ao Aspirantes, que nesta ocasión non foi capaz de pasar do empate, 2-2, na súa visita ao feudo do Xuventude Cabanas. O Mandiá afrontaba a xornada coa intención de sumar o punto que lle garantise subir, pero foi mellor que o San Pedro e levou a vitoria. Ademais, ata perdendo alcanzase o obxectivo, xa que o Rosalía só igualou na súa contenda ante o Bertón, a pesar do cal acaba a competición na cuarta praza que tamén podería darlle o ascenso se se confirma a retirada do San Pablo de Segunda, aínda que para que iso hai que esperar á asemblea da entidade que se celebra o 9 de marzo. Ademais, hai que destacar que o Monfero terminou na praza de pechacancelas, logo de perder ante o Bemantes por 42. Pola súa banda, o Cañoles e o Miño empataron a tres tantos, mentres que o Galicia de Caranza derrotou ao San Mateo no seu campo por 1-2 |
|
NO DÍA DAS NAIS, PARABENS A MOITOS !!! Xaquín Campo Freire.- Narón, 28, 04-2010. |
|
Convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
Domingo, 11 de abril as 12 do mediodía Partindo do Ambulatorio – Praza de España - Ferrol GRAN MOBILIZACIÓN COMARCAL EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA: Co lema: "A saúde non e un negocio, non a privatización da Sanidade Pública" Nesta Plataforma – da que forma parte a A.C. Fuco Buxán -están integradas diversas Asociacións Culturais, Sociais e Veciñais, Sindicatos e Entidades. ¡ NON A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA ! ¡ A SAÚDE NON É UN NEGOCIO ! Prégase participación e difusión. http://plataformadspferrol.blogspot.com/. |
|
A.VV. DE MANDIÁ ESTA ASOCIACIÓN INFORMA QUE SEGÚN LO ACORDADO EN LA PASADA ASAMBLEA, TODOS LOS SOCIOS PODRÁN HACER EL INGRESO EN LA CUENTA DE CAIXA GALICIA 2091-0200-03-304009938'8, DE DICHA ASOCIACIÓN. CUOTA SOCIO: 20€ |
|
O Concello e a Asociación de Vecinos de
Serantes preparan xa a romaría de Chamorro |
|
NON !!! A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
O problema é serio. Ao final os pobres, a maiorìa, ficarán cunha mala beneficencia, aínda máis deteriorarada. É hora de dicir non a especulación salvaxe dun dos principais dereitos de todo ser humano. Non se pode especular coa saúde e enfermidade dos máis débiles. A Atención universal en materia de saúde e sanidade é un dereito por ser persoa. Máis tarde, cando sexa tarde, lamentarémonos. |
|
Procesións da Semana Santa Ferrolana DOMINGO DE RAMOS Jesús Amigo dos Nenos. Confraría das Angustias (11.15 horas). Entreda triunfal de Jesús en Xerusalén. Dores (12.45 horas). Ecce Homo. Orde Terceira 20 horas). LUNS, 29 A Coroación de Espiñas. Dores (21 horas). MARTES, 30 Cristo da Boa Morte. Orde Terceira (20 horas). Jesús Atado á Columna. Dores (21 horas). MÉRCORES SANTO Cristo dos Navegantes. Procesión do Cristo dos Navegantes (19.30 horas). A nosa Señora da Mercé. Confraría da Mercé (19.30 horas). Cristo do Perdón. As Angustias (21 horas). Penitencia. Dores (21.30 h.). XOVES SANTO A nosa Señora das Angustias. As Angustias (19.30 horas). Cristo da Misericordia. Dores (23 horas). O Encontro. Dores (12 horas). Santo Enterro. Concatedral (19 horas).VENRES SANTO Soidade. Orde Terceira (21 horas) Caladiños. Dores (23.30 horas). SÁBADO SANTO O Silencio. As Angustias (20.30 horas). DOMINGO DE RESURRECCIÓN Jesús Resucitado. Orde Terceira (12 horas). A Resurrección. Praza da Constitución (13 horas) |
![]() |
|
O coruñés Luís Díaz participa na bienal de fotografía e
arquitectura belga: Os palcos de orquestra galegos Houbo un día en que os palcos de orquestra foron o epicentro da alegría popular. Hoxe, con todo, moitos deles seguen en pé como edificacións inservibles, presas dun pasado totalmente superado. O fotógrafo Luís Díaz (A Coruña, 1978) enredouse desa melancólica sensación e elaborou unha serie na que estas construcións populares ocupan todo o protagonismo. O proxecto titúlase Caixas de música e foi seleccionado para a bienal de fotografía e arquitectura de Bruxelas. «É unha homenaxe ás verbenas, aos sitios nos que se coñeceron os nosos pais», explica o autor, que hoxe verá colgada a súa obra xunto a fotógrafos internacionais de primeiro nivel. «O tema da bienal eran os espazos de celebración -explica-. Fixeime na poética das imaxes e, a partir de aí, ideei un proxecto no que se unen tres mundos cos que teño gran contacto: fotografía, música e arquitectura». Díaz percorreu os pobos da Coruña e Lugo en busca deses escenarios: «Están nesa fase de que non se sabe moi ben que facer con eles. Seguen en pé, pero ninguén os necesita. Atópaschos tras unha portería ou ocultos tras a vexetación, sen vida, cando no seu momento estiveron cheos de música e de xente. Iso dálles unha atmosfera moi particular». O traballo de Díaz mantén unha certa conexión con Casas doentes, do tamén coruñés Manuel Sendón. Recoñéceo sen ambaxes: «Aquela exposición gustoume moito. Reunía melancolía e sensibilidade social. O enfoque de Caixas de música é similar a nivel fotográfico». Alí as protagonistas eran as casas tapiadas e abandonadas polo desenvolvismo. Aquí, estas singulares mostras de arquitectura popular sepultadas polas discotecas e os tráileres das orquestras actuais. |
|
Cousas da lengua VII EDICIÓN PREMIO FRANCISCO
FERNÁNDEZ DEL RIEGO (Diario de Pontevedra.- 02/03/2010). Alberto Pena |
|
O Día Internacional da Muller
Traballadora celébrase o día
8 de marzo
e está recoñecido pola
Organización das Nacións Unidas
(ONU).
Neste día se conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de
igualdade co home, na sociedade e no seu desenrolo integro como persoa. É
festa nacional nalgúns países, ... |
![]() |
|
A Xunta Directiva convoca a tódolos socios á Asamblea
Xeral Ordinaria que se celebrará o 27 de Febreiro ás 18:OOh. en primeira
convocatoria e ás 18:30h. en segunda, no local social, co seguinte orde do
día: 1.- Lectura e aprobación, se procede da acta anterior. 2.- Resumo das xestións realizadas no ano. 3.- Estado de contas. 4.- Presupostos – Traballos estimativos para o ano. 5.- Rogos e preguntas. |
|
Rogamos que cada socio cubra os datos abaixo solicitados
para ter un mellor rexistro dos mesmos e así poder ter unha boa e rápida
comunicación. Entregar o día da asamblea ou en calquer momento no local social. NOMBRE: N° SOCIO: DIRECCIÓN: CORREO : TLF: CORREO A.VV. DE MANDIÁ: avvmandia@hotmail.com ou TIf.: 981.36.71.14 |
|
BANDO
|
|
BANDO
|
|
O erro de Vilariño de Conxo Un home que defende a súa liberdade e a súa lingua e cultura. |
|
El Mandiá mantiene el
liderato de la clasificación con el triunfo que consiguió en Cabanas
Sigue muy apretada la lucha por los tres primeros puestos de la clasificación de la Tercera Autonómica, ya que los equipos de arriba no ceden en su intento de conseguir el ascenso de categoría. El Mandiá permanece al frente de la tabla gracias a su triunfo en el campo de Xuventude Cabañas por 1-3. El segundo es el Aspirantes, que se impuso al Miño por 4-3 en un choque muy intenso y con opciones de ganar por ambas partes. El tercero en discordia es Os Amigos, que superó en el derbi ferrolano al Racing San Pedro por 2-4. Le sigue el Rosalía, que venció en el terreno de juego del Cañoles por 1-3. Asciende hasta la quinta plaza el Bertón después de imponerse con autoridad en el feudo del Bemantes por 2-5. En la parte baja de la clasificación, el Canido escala un puesto al superar al colista Monfero por 2-1, mientras que en el otro enfrentamiento de la jornada, el San Mateo fue mejor que el Moeche, como lo refleja el resultado final de 3-1. |
|
Queridos amigos: Xa podedes isertar nas adhesións a
do Foro de Curas Mos. Araúxo. Están vencellados nel uns cen de toda Galiza. Ás reunións trimestrais non asisten sempre todos,pois ao sermos escasos sempre hai dificultades. Logo hai máis que andan na órbita de influencia. Esta nova vai en primicia para varios medios a un tempo. Unha aperta de Xaquín |
|
HAITÍ.- TEÑO UNHA PREGUNTA PARA VOSTEDE Xaquín Campo Freire. Narón, 14-01-2010. Coma moitos outros, pensamos facer colectas nas nosas parroquias e organizacións a favor dos irmáns haitianos, que xa de lonxe veñen padecendo o de seren dos máis empobrecidos do mundo, como todos sabemos. |
|
Estimado Secretario Xeral de Política
Lingüística:
Chámome Xosé Manuel Rodríguez González e son profesor de ensino secundario, especialidade Tecnoloxía, ... |
|
Mañá venres 15 de xaneiro as 18,00 hs Charla no Local Social sobre o "Apagón Analóxico" |
|
A lingua agarda por todos nós. Primeiro para
falala. E xa loguiño para defendela. Sempre adiante. Xaquín Campo Freire |
|
Desde Uruguay un saludo de una "Compatriota Gallega "que
vive en las Navidades con calor muy distintas a la de mi segunda Patria, ...
Me es Necesario Poder saludar y expresar mi pensamiento de que se
renueve la esperanza en el festejo del NACIMIENTO en esta Noche Buena que
hace mas de 2000 años que celebramos Isabel Gea Montevideo Uruguay faro del cerro esta en la fortaleza en uso actualemente es de los mas porentes de la region |
|
FESTAS DE NADAL
24 DECEMBRO: AS 18:OO HS. VISITARANOS PAPA NOEL. 26 DECEMBRO: ÁS 18:OO HS. PROXECTARASE UNHA PELÍCULA, TÓDOLOS PUBLICOS. AS 20:OO HS DESPEDIREMOS O ANO CUNHA COPA DE CHAMPÁN E UN CHOCOLATE CON CHURROS. 27 DECEMBRO: 19:O0 HS. RECOLLIDA DAS CARTAS DOS PAXES REAIS. 4 XANEIRO: 17:45H CABALGATA (Z. RURAL), ESTARÁN OS REIS MAGOS NO LOCAL. ACUDIDE A RECIBILOS... 6 XANEIRO: CABALGATA REIS MAGOS, AS 10:OO HS. SAÍRAN DE TABOADA E RECORRERÁN A PARROQUIA, DE 11:OO HS. A 11:3O HS, ESTARÁN NA IGREXIA, PARA LOGO CONTINUAR HACIA BAIXO, REMATANDO NO LOCAL SOCIAL. ¡QUEREN SAUDAR ÓS NENOS E MAIORES! A.V.V. DE MANDIÁ DESÉSALLES A TODOS |
|
O Sr. Feijoo e o “sensus plenior” do Bosque Animado,
...
2010 xa está ás portas |
|
Recolleron víveres para a Cociña Económica e
xoguetes no rural O presidente da Agrupación de Asociacións de Vecinos da Zona Rural de Fenol, José Polo Veiga, anunciou que nos locais de todas as entidades que forman parte da mesma recolléronse víveres para entregar na Cociña Económica o próximo día 18 de decembro, nun acto fixado para as 13.15 horas. Así mesmo comunica que nos locais veciñais recóllense xoguetes para os nenos necesitados. a data fixada para retiralos é o próximo 30 de decembro ás catro da tarde. Pola súa banda, a A Vv O Lago de Doniños celebrará a festa de fin de ano adiantada o 19 de decembro. A cea será achegada polos veciños e a entidade porá as bebidas e as tradicionais uvas. A festa concluíu coa actuación de Joselo |
|
O TSXG anula o plan sectorial de Menáncaro
aprobado polo anterior goberno do PP e IF A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou unha sentenza pola que anula o plan de sectorización de Menáncaro, que fora aprobado polo anterior goberno do PP e IF. Este feito é consecuencia do recurso interposto por dous afectados pola pretendida urbanización da zona, representados polo avogado Cristóbal Dobarro, no que figuran corno demandado o Concello de Ferrol e como codemandados Juan Fernández García, líder de IF; aros Noroeste Inmobiliaria e a Sociedade Agraria de Transformación Agropino. No fallo recóllese que o feito de que a delimitación do plan de sectorización non se ajas-ta á prevista no Plan Xeral de Ordenación Municipal é indiscutible. No citado plan xustificábase a inclusión no seu ámbito dunha parcela de L674,80 metros cadrados, clasificada como chan rústico de protección ordinaria, para destinala a sistemas xerais de espazos libres e zonas verdes, por ser lindeira coa zona de caducifolias, e argumentábase que tal modificación das determinaciones do PXOM vén permitida polo artigo 62.2 da Lei 9/2002, porque non afecta a chan de especial protección e non supón unha alteración que alcance ou supere o 5% da superficie do ámbito. O Tribunal non o entende así, polo que anula o plan, que contemplaba a construción de 69 vivendas unifamiliares e un hotel |
|
Plan de normalización lingüística do Concello de
Ferrol O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol impulsa esta web para difundir e dar a coñecer as actividades de promoción da Lingua Galega |
|
QUE ESTADES A ESPERAR?.-Meditación de advento
só para Bispos, ... |
|
A.V.V. de SANTA UXIA de MANDIA: Presidente: JOSE MANUEL SUAREZ SABIN Vicepresidente: JULIO RIVAS VAZQUEZ Secretaria: RAQUEL TEIJEIRO FERNANDEZ Vicesecretaria: BEGOÑA DIAZ ALONSO Tesorera: ROCIO TEIJEIRO DIAZ Vicetesorera: CARMEN FREIRE PITA Vocais: JESUS SANGIAO GONZALEZ ABEL RIVAS YAÑEZ ARTURO FREIRE PITA |
|
Programa da Convivencia de Escola de Saúde "Mons.
Araúxo", ... |
|
25 de novembro, Día
Mundial contra da violencia machista |
|
Y CEMENTERIOS INVISIBLES BAJO LA LUNA |
|
Mandiá celebrou o seu magosto. O pasado sábado convocouse
os mais pequenos a un Samaín as 17,30 hs e para os maiores escomenzou o
magosto as 20,30 hs con degustación de productos propios da festa para todos
e todas os asistentes. |
|
Empresa ecolóxica e feminina Unións Agrarias formará a
2.000 agricultoras para que cren negocios sostibles en municipios do rural
"En Galicia hai moi poucas iniciativas empresariais relacionadas co medio ambiente, pero de mulleres, menos aínda". Por iso, o programa Muller, Medio ambiente e Desenvolvemento Rural de Galicia, promovido polo sindicato Unións Agrarias, pretende que traballadoras do medio rural anímense a crear a súa propia empresa e favorézase así a súa inserción laboral. A directora do programa, Paula Conte, explica que con el se potencia que "actividades que se fan desde sempre", pero polas que a muller non se dá de alta na Seguridade Social como autónoma ou se anima a constituír unha empresa, profesionalícense para que as mulleres pue dan cotizar. Así, formarase ás 2.000 persoas que sigan o curso en turismo de natureza; produción, transformación e elaboración ecolóxica de produtos como mel, viño ou carne; na xestión e tratamento de residuos a través da compostaxe ou a biometanización; no sector enerxético renovable ou a xestión forestal sostible. Os cursos compleméntanse cun blog para que participen as alumnas -no que haberá información, talleres virtuais e videoconferencias-, cinco xornadas e un congreso. Neste último as participantes poderán coñecer de primeira man as experiencias doutras mulleres que xa puxeron en marcha as súas empresas. Este ano a organización do programa, posto en marcha grazas a un convenio coa Fundación Biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente, espera que se cren dez novas empresas de corte familiar ou que outras xa formadas inclinen os seus sistemas cara á produción ecolóxica. Para conseguilo, contarán con asesoramento continuo. A formación . será teórica, practicamente todo a través de Internet, polo que UU AA porá as súas máis de 30 locais a disposición das mulleres e salvar así a brecha tecnolóxica do rural. Ademais as alumnas terán a posibilidade de realizar prácticas en empresas do sector. O programa aspira a mellorar a integración laboral de mulleres aproveitando recursos próximos e infrautilizados que permiten crear emprego e a fixar tamén poboación no medio rural. |
|
Un novo espazo para evitar que o galego "dea un paso
atrás" Galego, Patrimonio dá Humanidade' reúnese en Santiago Un chamamento para impedir que se dean pasos atrás" na presenza do galego na vida pública percorreu onte os discursos de líderes sindicais, profesionais de distintos ámbitos e personalidades políticas e da cultura. O colectivo Galego, Patrimonio dá Humanidade encheu o Teatro Principal de Santiago con palabras en defensa da liberdade lingüística e críticas contra a Xunta pola súa postura sobre a presenza do galego na educación e por romper "por un puñado de votos" o consenso lingüístico en Galicia. "É necesaria a volta ao consenso, por un puñado de votos cometéronse erros moi grandes. Esperamos a volta á cordura", comezou José Antonio Gómez, secretario xeral de UXT Galicia, nas intervencións. Tamén Xosé Manuel Sánchez Aguión, de CC 00, rexeitou "rotundamente os intentos do PP", de usar o galego como "mercancía electoral". Diferentes profesionais puxeron de relevo a situación da lingua de Galicia nos seus ámbitos: "Mágoa que un colectivo que ten que defender os dereitos non defenda ese", proclamou unha avogada que reclamou ferramentas para desenvolver o seu traballo en galego e que os cidadáns non deixen de falar o seu idioma ao cruzar a porta dun xulgado. "Os pacientes falan galego", defendeu unha médico da Coruña, mentres que a decada de Matemáticas de Santiago resaltou os esforzos da súa facultade por dotar á carreira de vocabulario adecuado en galego. "En cuestións idiomáticas, sumar sempre sae a conta", concluíu. "Queren cortarnos a lingua e nin sequera dannos dúas pernas. Nós escollemos ser peixes e falar a nosa lingua", comparou a escritora e profesora Marilar Aleixandre en referencia ao conto da Sirenita. Un estudante indio subiu tamén ao escenario para razoar que aprende galego porque "coñecer unha comunidade sen a súa lingua é como coñecer a unha persoa e non o seu corazón". Como representante do colectivo interveu o filólogo Henrique Monteaguro, que defendeu a iniciativa como a creación dun novo espazo e discurso a favor da convivencia lingüística. O profesor criticou os intentos da Xunta para "desmantelar o conseguido na autonomía", así como os ataques de "grupos minoritarios con privilexios". Tamén participaron o ex deputado Pablo González Mariñas, a ex conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón e o sociólogo Fermín Bouza |
|
Mobilización nacional en defensa do galego – Coméntase o posicionamento
enviado aos medios de comunicación en nome das portavocías e ábrese unha
quenda de intervencións para valorarmos o acontecido na mobilización
nacional, tirándose como conclusión que malia ao “apagón informativo” previo
dos medios de comunicación o resultado foi moi positivo en todos os aspectos
e que cómpre continuarmos co traballo para arrombar cos retrocesos que xa se
están a producir na protección e presenza pública do noso idioma e para
evitarmos as ameazas que se anuncian,
... |
|
E ti, de quen ves sendo?
Debemos pensalo axeitadamente.
|
|
Os educadores tamén necesitamos música e poesía. Os axudadados xa non digamos. E a lingua galega xa está boquexando por uns olliños de mel |
|
A escoita activa por Xaquín Campo Freire 30-10-2009 |
|
Amigos:
Crónica Queremos Galego !!! Hai poucos días un debuxo lindo de don Victorino Pérez Prieto percorría os nosos correos e mesmo algúns xornais: DEUS FALA GALEGO. Nós puxémolo na nosa Igrexa e gostamos del. Fun a Compostela o domingo e veume a mesma pregunta: De verdade algunha vez Deus terá falado galego? Partillo contigo o que eu descubrín. |
|
Convocatoria da Asemblea Anual do Cemiterio Sta. Uxía de Mandiá domingo, 25 de outubro ás 12:00 horas na Igrexa. |
|
A relación de axuda por XAQUÍN CAMPO FREIRE Todos nos vemos na responsabilidade de botar unha man para axudar a alguén nun intre de necesidade, para saír dun apuro ou mesmo para atender a un familiar. Unha das preguntas que nos facemos con frecuencia: E como vou eu axudar se ninguén me ensinou esas habilidades? Porque todos concordamos en que unha cousa e querer axudar e outra moi distinta, facer as cousas con proveito e beneficio para a persoa auxiliada. Hai un principio moi antigo en medicina, en bioética, en traballo social e en pedagoxía que vale para toda actuación coas persoas: “Primum, non nocere”. O primeiriño de todo, non facer mal, non danar. Por iso cómpre un mínimo de sentido común e unha boa preparación xeral nos procesos de acompañar a algúen nas distintas actuacións que tentemos levar a cabo nesa arte de axudar, de educar, de coidar, de aconsellar, etc. Desde mediados do século pasado foise abrindo paso, primeiro no mundo anglo-saxón e, logo, xa entre nós, esa habilidade que se deu en chamar na psicoloxía humanista: A relación de axuda. Calquera voluntariado que queira ser serio ten de prepararse nesta disciplina se pretende cumprir co principio denantes enunciado. Nesta arte de coidarnos e de coidar ao coidador iremos dando paulatinamente unhas pistas que, anque xerais, poden ir abríndonos camiño para mellor documentarnos nesta tarefa tan importante da solidariedade, na que sen dúbida todos sentimos anceios de proxectar a nosa vida. Por hoxe imos ficar cunha definición descriptiva que xa nos pode aclarar algúns conceptos: A Relación de axuda é “a arte dmandiantar as súas dimages/actualizacions/non-privatizarsanidade.jpg máis sanamente posíbel no medio da súa enfeimages/actualizacions/non-privatizarsanidade.jpgximo a liberdade e a responsabilidade do destinatrio da axuda, ofrecéndolle como recursos desa axuda precisamente os elementos máis propios e axeitados da comunicación interpersoal, apoiada en feitos, actitudes e habilidades de interacción persoal”. Unha boa comunicación é unha ferramenta terapéutica esencial que nos conduce ao principio de autonomía, ao consentimento informado, á confianza mutua, á seguridade persoal e á información que toda persoa necesitamos para sermos nós memos, para deixarnos axudar e para mellor axudar aos demais. Se melloramos un pouco a comunicación, xa solucionamos moitos medos e malos entendidos que nos fan sufrir. A todos nos gusta ser algo máis felices. Seguiremos debullando esta temática seductora. |
Día Internacional das mulleres rurais
Rede Española de
Desenvolvemento Rural- O próximo 15 de outubro, celébrase en
todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES RURAIS. |
|
Unha “ruada” popular reivindicou onte o
dereito a vivir en galego O centro
da cidade falou onte, ó menos durante unha hora, maioritariamente en galego.
A rúada popular propiciada pola plataforma Queremos Galego reivindicou o
dereito a falar en galego e, sobre todo, a vivir nesta lingua. |
|
A defensa do Galego bótase a rúa A plataforma Queremos Galego percorreu onte as rúas do centro de Ferrol logo de concentrarse na praza de Armas, onde tiveron lugar as intervencións de Xaquín Campo, párroco de Mandiá, Delfine Bañobre, deireitora do CPI Atios de Valdoviño, e o xinecólogo Xabier Ferro, tamén portavoz da plataforma. Pola súa banda, Terra Galega anima aos veciños a participar na manifestación do 18 de outubro en Santiago. |
|
Como aprendermos a acompañar nos procesos de
coidarnos e coidar. Como mellor axudar? Temos de devolverlle ao mundo corazón e solidariedade. Desa que non sae na prensa, pero prende os corazóns. É importante intercambiar ideas e iniciativas. Entre todos o mundo funciona mellor. |
|
ACTIVIDADES CURSO 2009-2010 A VV DE MANDIA TODAS ESTAS ACTIVIDADES ESTAN PENSADAS PARA OS NENOS E MAIORES. OS INTERESADOS APUNTARVOS NO LOCAL SOCIAL, OU NO TELEFONO 981 367 114 E PARA A ORGANIZACIÓN DAS MESMAS, TEREMOS UNHA REUNION CON TODOS OS QUE VOS APUNTÁCHADES O VINDEIRO LUNS, 28 de SEPTEMBRO AS 19:30H. ANIMARVOS !!! |
|
VALE MÁIS ACENDER UNHA PEQUENA LUZ QUE MALDICIR AS TEBRAS. Fronte á campaña de destrución da nosa querida lingua e cultura eu quero ir acendendo pequenas luces. Velaí un cartaz apropiado para as nosas igrexas. Non llo copiamos a ninguén. O orixinal é de Tori. Conviría darlle cores axeitados. Os nenos saben facelo moi ben. Pódense facer fotocopias e repartilo na catequese para que lle dean cor e logo faise unha catequese de como Deus tamén apousa connosco: "É domingo, día de festa, día do Señor, e El fala coma nós. Mellor: Nós falamos coma El, GALEGO. O GALEGO TAMÉN VOS É COUSA DE DEUS. A PALABRA DE DEUS TAMÉN ACONTECE EN LINGUA GALEGA. LOADO SEXA DEUS. Ten algo que ver o de GALILEO? Tampouco de alí podía saír cousa boa, disque! Non teremos que render contas de ter cooperado desde a Igrexa cos destrutores do de nós? Non somos nós mesmos deses perseguidores? O Concilio Pastoral de Galicia di así: "11.1.- O C.P.G. pídelle a todos os cristiáns, Bispos, Curas e Leigos, cadaquén según a súa especifica misión, que participen na promoción da lingua galega, por ser un valor humán que está asociado coa liberación do home galego e, por ende, coa evanxelización." Os do Concilio Galego non eran ningúns tolos nin "políticos", nin estremosos. Se de algo pecaban era de seren excesivamente conservadores e abondo timoratos. Como Igrexa de hogano, estámolo a facer? O Bispo Araúxo cumpriu: "A FE CRISTIÁ ANTE A CUESTIÓN DA LINGUA GALEGA". E sufriu persecución política, e tamén desde dentro da Igrexa e dos eclesiásticos. Podo testemuñalo persoalmente. Era maio, Festa da Pentecoste do 1975. Pero era crente e por iso falou e falou palabras de vida. Acendeu a súa luz. E o seu brillo segue aí coma un facho ben esplendoroso. Benia á súa teoloxía e ao o seu compromiso de home de Deus. "Vós sondes a luz do mundo. Vós sondes o sal da terra" VALE MÁIS ACENDER UNHA PEQUENA LUZ QUE MALDICIR AS TEBRAS. |
![]() |
|
|
|
Faria falta ter que preguntalo ou afirmalo? |
Exposición de manualidades en Mandiá![]() O local social da parroquia ferrolá de Mandiá acolle estes días unha serie de actividades con motivo da súa semana cultural. Entre elas figura unha completa exposición de traballos realizados polos veciños da zona nos obradoiros que se desenvolven ó longo de todo o curso. Esta interesante mostra de bordados estará aberta en horario de apertura das instalación. |
|
DO SEÑORÍO DE MANDIÁA (I) Dentro duns días, setembro 11 e 12, MANDIÁ celebra as súas festas anuais na honra da Santa Uxía, a ben enxendrada e a ben nacida. Ela é a nosa padroeira milenaria. E ben que nos vai. Sobresae a súa figura de mártir, sendo moza moi nova, nunha talla ben fermosa que ocupa a fornela principal e central do histórico retablo barroco que xa foi da nosa antiga igrexa. É esta unha obra de arte ben recoñecida, que temos moi ben coidada, pero fica coas marcas do tempo e, sobre todo, do traslado á Igrexa nova no1898. “MANDIÁ. O entallador de Pontedeume, Francisco López, realizou en 1649 un retablo para o templo parroquial con varias imaxes " ( Perez Constanti P., Dicionario de Artistas, Santiago 1930. Grande Enciclopedia Galega, Tomo XX, p.81), ... |
|
Éxito da primeira Festa do Cabalo de Mandiá con máis de
200 participantes, e a pesar do tempo
O pasado fin de semana celebrouse en Mandiá a 1 Festa do Cabalo con gran éxito a pesar do mal tempo. Repartíronse 6.000 euros en premios entre os máis de 200 participantes nas distintas modalidades. Os gañadores foron: en arrastre, Avelino Ramos, con Navarro; en carrillos, óscar Ferreño; en trote país, Anxo Leal, con Habana; en trote trotóns, Antonio Aras, con Frecha; en cabalos cruzados (machos), Manuel Anxo, con Arón; en cabalos cruzados (femias), óscar Ferreño, con Cuca; en cabalos país (estampa), José Fandiño, con Colmenero; en eguas país (estampa), Antonio Porca, con Lobera; en cabalos tiro, Avelino Ramos, con Lucera; en andadura libre, Alberto Souto, con Rai; en federada (dous tempos), Miguel Romeu, con Atilano; en federada (catro tempos), Alejandro Suárez, con Ruso; en andadura federada trotóns, Fernando Mera, con Leo; e en andadura libre trotóns, Juan Méndez, con Dalton. |
|
|
|
A primeira Festa do Cabalo de Mandiá celebrouse no Campo
da Festa |
|
O Concello de Ferrol organiza viaxes en barco con cea a
bordo todos os sábados Ferrolterra flota. O alcalde, sempre amante das frases que infunden optimismo, deixábao claro durante o percorrido pola ría que na noite do pasado venres serviu de presentación oficial para as rutas que se iniciaron onte. Unha iniciativa nova que, ao prezo de 29 euros, ofrece ao turista -e, por que non, ao ferrolán tamén- a posibilidade de presenciar o atardecer nunha embarcación que asuca a ría e que inclúe cea a bordo e explicacións, a través dunha guía, do que se pode ver no percorrido. Que non é pouco: os peiraos comerciais, o Arsenal, os estaleiros, as fortificaciones da entrada da ría, as baterías de costa, a senda peonil que agora conduce ao porto exterior, a vila de Mugardos... O pasado, presente e futuro -a orixe da cidade, o sector naval que a converteu no que hoxe é e o porvir que se abre camiño en Caneliñas- danse a man nunha viaxe que se prolonga durante dúas horas e media, aínda que boa parte do mesmo discorre no comedor habilitado para degustar unha cea que non defrauda: entremeses, salpicón de marisco, carne con champiñones, sobremesa e café, con viño -alvariño ou rioja-, auga ou refresco. Na xornada inaugural do venres estiveron presentes representantes do Consorcio Prol Ferias, dos estaleiros, do sector turístico e, por suposto, do Concello, aínda que non acudiu ningún representante da oposición a pesar de ser invitados. O chamamento aos alcaldes da comarca obtivo eco entre os de Terra Galega. Alí estiveron os de Narón, Xosé Manuel Branco; Neda, Ignacio Cabezón; e Valdoviño, Isabel Álvarez, que gozaron da viaxe e aos que o rexedor ferrolán, Vicente Irisarri, dirixiuse especialmente para insistir en' que a promoción de Ferrolterra desde o punto de vista turístico debe ser conxunta para que resulte máis efectiva. Na importancia do turismo para a economía fixeron fincapé tanto o alcalde como o concelleiro da área, Ramón Veloso, que recordou que esta nova iniciativa de cruceiro con cea inclúese nun novo concepto de lecer baixo a denominación xenérica de "Ferrolanear". E a ferrolanear "sen complexos" invitaron os responsables municipais, que teñen miras ambiciosas que pretenden sacar adiante profesionalizando a xestión do turismo a través dunha empresa de próxima creación. E tras a navegación do venres, onte deu comezo oficialmente a tempada, xa que estas viaxes repetiranse cada sábado. Pódese reservar praza na oficina de turismo da rúa Magdalena, no número de teléfono 981 944 272 ou en ferrolturismo@ferrol.es |
|
Un fin de semana en tren para coñecer Ferrol E Ortegal. O
servizo estreouse onte, con saída de Ribadeo Neste verán que non o é, o tempo non foi benévolo cos viaxeiros que estrearon este fin de semana o tren turístico Ferrol-Ortegal e que tiveron a oportunidade de coñecer en primeira persoa o "orballo" típico de Galicia. O servizo ofrece a posibilidade de percorrer a costa entre Ribadeo e Ferrol nun fin de semana. O tren parte da localidade lucense ás 9.45 horas, para chegar a Ferrol ao redor das oito da tarde tras realizar paradas en Burela -onde os viaxeiros poderán coñecer un barco atunero- e Agarimo, onde ten lugar o xantar. A continuación, visítanse o cabo Ortegal e a ermida de San Andrés de Teixido, inescusable segundo o refraneiro popular. O prezo -124 euros por persoa, con desconto do 50% para os menores de catorce anos- inclúe, ademais da viaxe en tren coas paradas citadas, aloxamento nocturno nun hotel de Ferrol para, ao día seguinte realizar unha visita guiada polo casco histórico da Magdalena con percorridos polo Museo Naval e o Arsenal Militar. Un paseo en barco pola ría ata Mugardos, onde se ofrece aos viaxeiros o típico polbo e, xa de regreso en Ferrol, unha visita á ermida de Chamorro e unha panorámica das praias completan unha xornada que comprime en apenas unhas horas o que é imprescindible ver na cidade. As previsións do Plan de Dinamización, que organiza o percorrido, son optimistas con respecto a esta tempada, xa que se estreou cun cheo case total. As reservas poden realizarse a través da páxina web www.trenesturisticosdelnorte.com ou ben chamando ao teléfono 902 555 902. |
|
Insuficiente resulta esta columna para facer unha
semblanza de Xaquín Campo Freire, ... |
|
Tamén inglès,
francés, alemán.
E primeiriño do que os outros, lingua
portuguesa.
Unha aperta.
Defendamos a nosa lingua galega dos
ataques,
dos desprezos e desacreditacións.
Falémola. Por ela, porque lle queremos.
Non contra ninguén. A favor de todos.
Estimamos o castelán. Pero non ten por que
matar o galego.
Se queres asinar, abre ese enderezo que
nos indican aí máis abaixo.
|
|
Cen anos de a nosa benquerida señora María Losada Santiago de Fontela, en Mandiá, ... |
|
|
|